novas
 
 


29/9/09

4.300 espectadores viron A esmorga


Finalizaron as representacións no Auditorio Municipal de Ourense de "A esmorga" de Sarabela Teatro, montaxe dirixida por Ánxeles Cuña a partir da novela de Eduardo Blanco Amor coa adaptación de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro.

A acollida foi excepcional pois rexistrou cheos tanto nas funcións de público en xeral como nas específicas para institutos.

En total 2.100 alumnos de ensino medio puideron ver a representación e 2.200 espectadores máis nas funcións de fin de semana desde a súa estrea o pasado día 18, o que suma un total de 4.300 espectadores.

A obra comezará agora unha xira que parte da Feira do Teatro de Galicia o vindeiro 22 de outubro en Compostela e que continuará ao longo do ano que vén.

A Compañía continúa con funcións de "Dáme veleno, eu tamén soñar" e de "Cósima", montaxe infantil esta última seleccionada para Teatralia en Madrid a comezos do ano 2.010.

Gracias a todas e todos os espectadores que nos fixeron chegar o seu aprezo pola montaxe.

22/9/09

1.000 espectadores xa de esmorga

A primeira semana de exhibición de "A esmorga" reuníu xa a 1.000 espectadores nas 3 funcións realizadas.

Restan outras 3 representacións para público en xeral (venres 25, sábado 26 e domingo 27 ás 21'00 h.) e 6 para institutos da cidade (mércores 23, xoves 24 e mércores 30 ás 10'00 e ás 12'00).

Poden adquirirse as entradas no propio Auditorio Municipal de Ourense (988 39 12 90)

Non a perdades...




8/9/09

A ESMORGA EN OURENSE

Sarabela estrea A ESMORGA en Ourense o vindeiro venres 18 de setembro.

9 actores (Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Nate Borrajo, Rosa Álvarez, Tito Asorey, Josito Porto, Suso Díaz, Fernando Dacosta), música en directo (Yuri Sidar, Vadim Yukhnevich), 3 técnicos (Rubén Dobaño, José manuel Bayón, David Varela), un equipo de colaboradores excepcional (Ruth Díaz, Raquel Fidalgo, Sara Costa, Suso Díaz,...), a dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro e a dirección de Ánxeles Cuña.



Unha nova montaxe teatral da novela de Blanco Amor, 50 anos despois da súa publicación, 30 anos despois do pasamento do autor e 13 anos despois da primeira posta en escena que xa realizara Sarabela.

12 funcións en setembro no Auditorio Municipal de Ourense:

Para público en xeral (6 euros a entrada con desconto do 50% para estudiantes, parados e xubilados)

Venres 18 ás 21'00: Estrea
Sábado 19 ás 21'00
Domingo 20 ás 21'00

Venres 25 ás 21'00
Sábado 26 ás 21'00
Domingo 27 ás 21'00

Para Institutos (Mediante o Auditorio)

Mércores 23 ás 10'00 e ás 12'00
Xoves 24 ás 10'00 e ás 12'00
Mércores 30 ás 10'00 e ás 12'00

As entradas poden mercarse no Auditorio Municipal:
(988 39 12 90)
Para concretar as entradas para institutos pode establecerse contacto coa compañía:
(988 24 74 83) de luns a venres en horario de 10'30 a 14'30

Recitais poéticos



Baixo a dirección de Ánxeles Cuña, e coa intervención de Josito Porto, Nate Borrajo e Yuri Sidar, presentáronse 2 recitais poéticos que tiñan como un dos obxectivos principais premiar e recoñecer o labor do noso querido Marcos Valcárcel: O premio Otero Pedrayo (en xuño) e o premio Celanova casa dos poetas (en setembro).