4.300 espectadores viron A esmorga
Finalizaron as representacións no Auditorio Municipal de Ourense de "A esmorga" de Sarabela Teatro, montaxe dirixida por Ánxeles Cuña a partir da novela de Eduardo Blanco Amor coa adaptación de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro.
A acollida foi excepcional pois rexistrou cheos tanto nas funcións de público en xeral como nas específicas para institutos.
En total 2.100 alumnos de ensino medio puideron ver a representación e 2.200 espectadores máis nas funcións de fin de semana desde a súa estrea o pasado día 18, o que suma un total de 4.300 espectadores.
A obra comezará agora unha xira que parte da Feira do Teatro de Galicia o vindeiro 22 de outubro en Compostela e que continuará ao longo do ano que vén.
A Compañía continúa con funcións de "Dáme veleno, eu tamén soñar" e de "Cósima", montaxe infantil esta última seleccionada para Teatralia en Madrid a comezos do ano 2.010.
Gracias a todas e todos os espectadores que nos fixeron chegar o seu aprezo pola montaxe.
<< PÁXINA PRINCIPAL