BALANCE 2008
A Compañía de teatro Sarabela pecha o ano 2008 con 67 funcións ás que asistiron un total de 13.010 espectadores.
As montaxes estreadas no ano foron DÁME VELENO e CÓSIMA
Ademais realizáronse funcións de A GATA CON BOTAS, MARGAR NO PAZO DO TEMPO, CRISTOVO E O LIBRO DAS MARABILLAS e O ASOMBRO DA AUGA.
MARGAR acodeu ao Festival das Artes do Espectáculo en Lousada Portugal e foi seleccionada para representarse no 2009 dentro do Festival das Comunidades Autónomas de Madrid. CRISTOVO foi ao Festival de Teatro Clásico de Cáceres, mentres que a estrea de DÁME VELENO non pasou inadvertida para o Festival de Directoras de España (Torrejón) que seleccionou a peza para 2009.
Hai que sumar ao anterior a lectura de "María Casares, o triunfo da vida" en Monforte que se volverá ver no 2009 en Compostela e París.
A Aula de Teatro Universitaria Maricastaña realizou funcións de 84 en Galicia, Aragón, Madrid, Andalucía, Valencia, Castela León ou Portugal.
Foi seleccionada pola SECC (Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais) para representar "El equipaje" en Castela-A Mancha, Extremadura e Andalucía, dentro do programa "Las huellas de la Barraca". Ademais estreáronse os espectáculos dos grupos Cordelia, Rosaura e Infantil, da Aula Universitaria de Ourense, ao longo do curso. Un total de 40 representacións con 8.045 espectadores.
Tanto a 13ª MITEU, con 30 funcións, como a 5ª MOTI, con 20, rexistraron unha grande acollida e seguimento contándose os seus espectadores por miles: 10.000 a MITEU e perto de 4.000 a MOTI.
Naceu o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) con 12 representacións e 3.400 espectadores. Este Festival trouxo a Compañías como Odin Teatret, La Cuadra, Els Joglars, Focus... ademais da presenza de Compañías Iberoamericanas. Longa vida!
Actividades como a Campaña de Animación á lectura ou o obradoiro da ONCE, entre outras, continúan con máis forza. A final de ano chegou a nova de que o obradoiro da ONCE de Ourense pasaba a ser Agrupación teatral, o que agranda a actividade e posibilita xira para as súas montaxes.
Membros da Compañía espallaron obradoiros de teatro por diversas localidades e participaron en series de televisión, encontros e conferencias. A directora da Compañía segue a colaborar en diversas comisións estatais de teatro.
A páxina web de Sarabela chegou en 2008 ás 17.843 visitas.
En abril estreouse a web da MITEU (www.miteu.es) que rexistrou en 2008 un total de 8.766 visitas.
En outubro estreouse a páxina do FITO (www.fitourense.com) que chegou ás 1.757 visitas.
Un ano máis, graciñas por contar con nós.
E agora... Aupa 2009!

<< PÁXINA PRINCIPAL