novas
 
 


29/7/08

O ASOMBRO DA AUGA

Dirixida por Sabela Gago e con texto de Fina Calleja, presentouse o espectáculo que este verán levará SARABELA TEATRO ás termas do Muíño, en Ourense.
Os días son os venres e sábados de agosto (1, 2, 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29, 30) e a primeira fin de semana de setembro (5 e 6)
A saída é da Praza Maior ás 20'30, con transporte gratuíto no tren das termas ata o lugar da representación que comezará ás 21'00. Ao remate da mesma o tren deixará aos espectadores na Alameda. Tamén se pode acceder ao espectáculo libremente por medios propios.
"Non nos chamemos a engano, estamos no territorio das aureanas, das lavandeiras e dos troneiros; onde un pescador garda segredos e cruzar o río pode supoñer atravesar o espello..."