novas
 
 


25/3/10

A Esmorga, mellor espectáculo

Os premios de Teatro "María Casares" da AAAG sinalaron "A Esmorga" de Sarabela como o mellor espectáculo entre os estreados en 2009.

En total foron 5 os galardóns, pois tamén levaron premio Suso Díaz (2) á mellor escenografía e mellor iluminación; Tito R. Asorey ao mellor actor de reparto; e Begoña Muñoz e Carlos Couceiro á mellor adaptación.

Gracias a compañeiros, profesionais, programadores e espectadores por estes agasallos.

7/3/10

Nominacións a premios

Sarabela Teatro vén de recibir 12 nominacións (ou candidaturas) aos premios de teatro María Casares por "A ESMORGA"

- Mellor espectáculo
- Mellor dirección (Ánxeles Cuña)
- Mellor actor protagonista (Josito Porto)
- Mellor actriz secundaria (2) (Fina Calleja e Rosa Álvarez)
- Mellor actor secundario (Tito R. Asorey)
- Mellor adaptación (Begoña Muños e Carlos Couceiro)
- Mellor escenografía (Suso Díaz)
- Mellor iluminación (Suso Díaz)
- Mellor música orixinal (Manuel de Dios, Yuri Sidar e Vadzim Yukhnevich
- Mellor vestiario (Ruth Díaz)
- Mellor maquillaxe (Raquel Fidalgo)

Tamén nos MAX "A Esmorga" figura como candidata ao espectáculo revelación e Ánxeles Cuña a mellor autora en galego, neste caso por "Dáme veleno, eu tamén soñar"