novas
 
 


21/11/07

Sarabela e a Aula no Levante

Excelente acollida de "MARGAR NO PAZO DO TEMPO" na "Muestra de teatro español de autores contemporáneos". A función foi o día 17 de novembro no Teatro Arniches, con moito público e moi boas críticas. A Compañía foi moi ben tratada pola Mostra.
Por outra banda, a Aula de Teatro Universitaria de Ourense representará "Unicornio" o 30 de novembro na ESAD de Murcia e o 11 de decembro no Paraninfo da Universidade de Alicante.