novas
 
 


9/1/10

BALANCE DO 2009

A Compañía de teatro Sarabela pecha o ano 2009 con 72 funcións ás que asistiron un total de 13.721 espectadores.

A montaxe estreada este ano, en setembro, foi A ESMORGA que abríu o camiño de Sarabela como Compañía Residente.

Ademais realizáronse funcións de MARGAR NO PAZO DO TEMPO, CRISTOVO E O LIBRO DAS MARABILLAS, DÁME VELENO e CÓSIMA. A Compañía acodeu ao Festival das Comunidades Autónomas de Madrid (Margar), á Mostra Nacional de Directoras de España en Torrejón (Dáme veleno), ou ao Festival da Cena Lusófona en Coimbra (A esmorga).

Hai que sumar a estas representacións as lecturas de "María Casares, o triunfo da vida" en Compostela e París.

A Aula de Teatro Universitaria Maricastaña realizou funcións de "Hide" en Galicia, Extremadura, Navarra, Castela León, Aragón, Andalucía, Valencia, Portugal (Aveiro, Lisboa, Covilhâ) e Italia (Génova).
Continuouse coa colaboración da SECC (Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais) para representar "El equipaje", neste caso en Centros Penitenciarios de Castela León, Asturias e Galicia, dentro do programa "La Barraca en la sombra". Ademais estreáronse os espectáculos dos grupos Cordelia, Rosaura e Infantil, da Aula Universitaria de Ourense, ao longo do curso. Un total de 36 representacións con 7.225 espectadores.

Tanto a 14ª MITEU, con 30 funcións, como a 6ª MOTI, con 20 e o FITO con 16, rexistraron unha grande acollida e seguimento contándose os seus espectadores por miles: 10.000 a MITEU e perto de 4.000 tanto a MOTI como o FITO.

Actividades como a Campaña de Animación á lectura ou a agrupación teatral da ONCE, entre outras, continúan con forza.

Membros da Compañía continuaron espallando obradoiros de teatro por diversas localidades e participaron en series de televisión, encontros e conferencias. A directora da Compañía segue a colaborar en diversas comisións estatais de teatro.

A páxina web de Sarabela chegou en 2009 ás 17.821 visitas (dun total de 35.664)
A web da MITEU (www.miteu.es) rexistrou este ano 15.047 visitas (dun total de 23.813)
A páxina do FITO (www.fitourense.com) chegou ás 11.551 visitas en 2009 (dun total de 13.308)

Gracias por estar aí, con nós.

Adentrámonos agora nas brumas do 2.010, seguiremos contando...