BALANCE EMPRESARIAL 2010
A montaxe estreada en setembro foi O INCERTO SEÑOR DON HAMLET que continuou o camiño de Sarabela como Compañía Residente.
Ademais realizáronse funcións de CÓSIMA e A ESMORGA.
A Compañía obtivo 11 funcións con CÓSIMA en Teatralia (Comunidade de Madrid), ademais de acudir con este espectáculo ao FETEN de Xixón e a Burgos.
A ESMORGA recibíu 5 premios María Casares, estando o de Mellor espectáculo entre eles.
Ánxeles Cuña gañou o premio MAX na categoría de "Mellor autor teatral en galego" pola obra DÁME VELENO, EU TAMÉN SOÑAR
Hai que sumar ás representacións e aos espectadores do ano 2010 a obra CARA O CAMPO DAS ESTRELAS en colaboración coa editorial Galaxia, que realizou 42 representacións para 12.000 espectadores por toda Galicia.
A Aula de Teatro Universitaria Maricastaña levou o seu espectáculo "Odisea espacial" a diversos lugares de Galicia, Murcia, País Vasco, Castela León, Aragón, Asturias e Portugal (Covilhâ, Lisboa, Coimbra).Ademais estreáronse os espectáculos dos grupos Cordelia, Rosaura e Infantil, da Aula Universitaria de Ourense, ao longo do curso. Un total de 23 representacións da Aula con 4.854 espectadores.
Actividades como a Campaña de Animación á lectura ou a agrupación teatral da ONCE, entre outras, continúan con forza en canto a participantes e número de representacións.
Membros da Compañía continuaron espallando obradoiros de teatro por diversas localidades e participaron en series de televisión, encontros e conferencias. A directora da Compañía participou no II Encontro Internacional sobre políticas de intercambios na cidade de Teresina-Piauí- Brasil, dentro da programación do III Festival de Teatro Lusófono-FESTLUSO.
A páxina web de Sarabela chegou en 2010 ás 18.528 visitas (e un total de 54.192 desde a apertura en 2007)
A web da MITEU (www.miteu.es) rexistrou este ano 10.001 visitas (e un total de 33.814 desde a apertura en 2008)
A páxina do FITO (www.fitourense.com) chegou ás 10.960 visitas en 2010 (e un total de 24.268 desde a apertura en 2008)
Pola súa banda o blog da MOTI (www.motiourense.blogspot.com) tivo 1.846 visitas no mes previo á súa realización.
Gracias por seguir aí, polo voso apoio neste ano 2010 tan difícil para todos nós.
Agora tócanos pensar no 2011, con toda a forza que sexa posible...
<< PÁXINA PRINCIPAL