novas
 
 


10/6/10

Estreamos Konrad no Barco



O venres 11 de xuño ás 20'00 o Teatro Lauro Olmo no Barco de Valdeorras vivirá a estrea de KONRAD, dramaturxia de Ánxeles Cuña a partir da novela de Cristine Nösterling, e que vai dirixida a público familiar a partir de 5 anos, baixo a dirección de Ánxeles Cuña.

No escenario veremos (por orde de aparición) a Elena Seijo como Berta Bartolotti, Sabela Gago como Directora, Rusika e personaxes da fábrica, Fernando Dacosta no papel de Konrad, Tito Asorey como Sr. Ergon e Nate Borrajo como Kitti.
A compañía escolle O Barco para estrear unha montaxe teatral, a anterior fora Tics o 12 de febreiro de 1998, espectáculo que recibíu catro premios María Casares e cinco no FETEN de Xixón.

Konrad publicouse por primeira vez en 1975 e é un dos mellores libros de Christine Nöstlinger, un clásico da literatura infantil contemporánea.