novas
 
 


28/7/09

Vacacións e novos proxectos

Achegámonos a agosto e Sarabela terá unhos días de vacacións...



Aínda que Ánxeles ultime os detalles da estrea de A Esmorga e prepare o FITO, Elena estea cadrando as contas e dirixa o espectáculo da "Festa da Istoria" en Ribadavia, Sabela prepare convenios e estea no equipo de dirección de Fuenteovejuna na localidade cordobesa, Fina traballe na distribución e siga coa serie Padre Casares, Suso prepare a escenografía de A Esmorga, Fernando comece a ver as posibilidades de "Odisea espacial" coa Aula de Teatro e prevea a MOTI, Tito, Nate, Josito, Rubén, Jose, David, Ana... teñan quefaceres, con todo, estamos tamén de vacacións en agosto.

E a imaxinar proxectos para a nova tempada teatral



En setembro A ESMORGA, que se estrea o día 18 no Auditorio Municipal de Ourense, e, á espera de concretarse os convenios, estará os días 18, 19 e 20 ou poderá incluso estar ata o 1 de outubro realizándose 15 funcións para público en xeral, institutos, asociacións... Estamos no 50º aniversario da publicación da grande novela de Blanco Amor e Sarabela volve con máis forza que nunca con esta nova Esmorga.



O FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense), que presentará grandes espectáculos do 23 de outubro ao 1 de novembro no Auditorio, Teatro Principal, Universidade, rúas...



Funcións de Cósima por toda Galicia e de Dáme Veleno

A MOTI do 26 ao 30 de decembro...

E cara o 2.010 máis: novas funcións, a MITEU en abril...

Feliz verán