Ánxeles Cuña en Murcia
Organizado pola Asociación de empresas produtoras MurciaaEscena, do 2 ao 5 de novembro desenvolvéronse as VIII Xornadas das Artes Escénicas da Rexión de Murcia co tema Las Artes Escénicas frente a la crisis e con tres mesas deseñadas desde as perspectivas de Produto, Cliente e Mercado, e realizadas en colaboración coa Obra Social de Caja Mediterráneo.
Ánxeles estivo na primeira das mesas, o día 3, presidida por Esperanza Clares, e que contou coa presenza dos ponentes Xavier Marcé con El impacto de la crisis en el sector de las Artes Escénicas, Eduardo Galán con Sistemas de producción de las Artes Escénicas en España, Juan Pedro Campoy con Otros modelos de coproducción e Ánxeles Cuña coa súa reflexión sobre as Compañías residentes.
Temas de grande interese e que tiveron unha moi boa acollida.