O ASOMBRO DA AUGA
Dirixida por Sabela Gago e con texto de Fina Calleja, presentouse o espectáculo que este verán levará SARABELA TEATRO ás termas do Muíño, en Ourense.
Os días son os venres e sábados de agosto (1, 2, 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29, 30) e a primeira fin de semana de setembro (5 e 6)
A saída é da Praza Maior ás 20'30, con transporte gratuíto no tren das termas ata o lugar da representación que comezará ás 21'00. Ao remate da mesma o tren deixará aos espectadores na Alameda. Tamén se pode acceder ao espectáculo libremente por medios propios.
"Non nos chamemos a engano, estamos no territorio das aureanas, das lavandeiras e dos troneiros; onde un pescador garda segredos e cruzar o río pode supoñer atravesar o espello..."

14/7/08
Veran en Ourense
Un espectáculo nas termas do muíño para a cidade de Ourense nunha iniciativa levada a cabo por Sarabela Teatro e Tenencia de Alcaldía-Cultura do Concello de Ourense. Sorprenderavos nas fins de semana de agosto e principios de setembro...
Maria Casares, lectura emocionante
A lectura dramatizada sobre María Casares en Monforte resultou emocionante e tivo unha excelente acollida. Continúa unha serie de lecturas levadas a cabo pola compañía nos últimos tempos ("Rebentados" de Sarah Kane e "Os libros arden mal" de Manuel Rivas)
Premio nacional para Tarumba
Por segundo ano consecutivo o grupo Tarumba da Universidade Laboral gañou o premio "Buero Vallejo" de teatro escolar que recoñece á montaxe "Mort" do grupo ourensán como a mellor do Estado. Ademais, Tito R. Asorey recibíu o premio á mellor director. Tamén recibiron os galardóns á mellor actriz e mellor escenografía.
A Aula Universitaria segue a Barraca
A Aula de Teatro Universitaria de Ourense foi seleccionada pola SECC (Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales) adscrita ao Ministerio de Cultura para o programa "Las huellas de la Barraca", coordinado por César Oliva, que rememora a acción cultural levada adiante polo grupo universitario de Lorca xunto a Eduardo Ugarte polas cidades e pobos de España.
A Aula de Ourense está neste programa xunto ás de Jaén, Murcia e a Carlos III de Madrid.
A obra que presenta "Maricastaña" é EL EQUIPAJE" a partir da obra "El equipaje del rey josé" de Benito Pérez Galdós. A SECC conmemora con este programa o bicentenario da guerra da independencia (1808-2008). Na propia SECC pode atoparse o PDF co programa global e o programa de EL Equipaje.
A ruta de Ourense é a nº 1 e estas son as súas funcións no mes de xullo:
Día 5 Uclés (Cuenca)
Día 6 Tarancón (Cuenca)
Día 8 Talavera de la Reina (Toledo)
Día 9 Almonacid (Toledo)
Día 10 Ocaña (Toledo)
Día 11 Valdepeñas (Ciudad Real)
Día 12 La Albuera (Badajoz)
Día 13 Medellín (Badajoz)
Día 15 Badajoz
Día 16 Bailén (Jaén)
Día 17 Chiclana (Cádiz)
Día 18 Cádiz
Día 19 San Fernando (Cádiz)
Día 21 Baeza (Jaén)