SARABELA ESTREA TANGO


AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE. SETEMBRO 2011
VENRES 23     21'00
SÁBADO 24    20'30
DOMINGO 25   20'30
LUNS 26      10'00 E 12'00
MÉRCORES 28   10'00 E 12'00
XOVES 29     11'00 E 20'30
VENRES 30     20'30
10/9/11
Premio para Ánxeles no FETEGA
O Festival de Teatro Galego do Carballiño concedeu a Ánxeles Cuña o Premio Honorífico FETEGA 2011.
Ánxeles apuntou que “o teatro non é un luxo, é unha necesidade, porque todos necesitamos soñar” e lembrou aos seus compañeiros de Sarabela dedicando o galardón a Begoña Muñoz e Suso Díaz.
Este galardón honorífico, obra do artista do Carballiño Chicho Carballeda, é unha peza móbil con madeiras nobres que representa as mil caras do teatro. A súa concesión ten como obxectivo premiar a traxectoria profesional do galardoado.
 
    

