BALANCE DE 2007
A Compañía de teatro Sarabela pecha o ano 2007 con 73 funcións ás que asistiron un total de 11.345 espectadores.
As montaxes estreadas no ano foron MARGAR NO PAZO DO TEMPO e CRISTOVO E O LIBRO DAS MARABILLAS. Ademais realizáronse funcións de A GATA CON BOTAS e MACBETH.
MARGAR acodeu á Mostra de Autores Contemporáneos de Alicante e agora é candidata aos Max ao mellor texto en galego.
A Aula de Teatro Universitaria Maricastaña realizou funcións de UNICORNIO en Galicia, Murcia, Alicante, Aragón, Extremadura ou Portugal. Ademais estreáronse os espectáculos dos grupos Cordelia, Rosaura e Infantil, da Aula Universitaria de Ourense, ao longo do curso.
Tanto a 12ª MITEU, con 25 funcións, como a 4ª MOTI, con 15, rexistraron unha grande acollida e seguimento contándose os seus espectadores por miles.
Actividades como a Campaña de Animación á lectura ou o obradoiro da ONCE, entre outras, continúan con grande puxanza.
Membros da Compañía espallaron obradoiros de teatro por diversas localidades e participaron en series de televisión como "Libro de familia", "Hospital central" ou "Pai Casares". A directora da Compañía colabora en comisións estatais de teatro.
Este foi o ano no que estreamos páxina web. Desde finais do mes de xullo ata o 31 de decembro recibimos 2.104 visitas. Gracias por vir.
Sarabela deséxavos un feliz ano 2008 mentres comeza a artellar novos proxectos.